jueves, 17 de junio de 2010

Quinta edición en marcha!!

Arranca a quinta edición do noso campus de verán. As boas experiencias dos primeiros anos anímannos a seguir traballando para que durante unha semana vos dediquedes a pensar, xogar e disfrutar do baloncesto.

Para quen vai dirixido o campus?

Para nen@s entre 8 e 16 anos que se inicien na práctica do baloncesto ou que queren mellorar as súas destrezas técnicas. Lembrade que o campus ten un cupo máximo de 50 inscritos.

Onde?

No pavillón Alonso Rodríguez en Noia, sito na Rúa Egas Moniz s/n, dende o 26 de ata ao 31 Xullo(ambos inclusive).
O día 26 de xullo os inscritos presentaranse no pavillón Alonso Rodríguez ás 10.15 equipados para realizar o primeiro adestramento.
É aconsellable que tódolos xogadores traían consigo roupa para asearse ó rematar o adestramento


Horarios

O horario será de luns a sábado de 10.15 h. a 13.45h.
Programa de traballo:
10.15 - 10.30 - recepción
10.30- 11.15 adestramento
11.15-12.00 segundo adestramento
12.00-12.30 descanso e charla co@/s invitad@/s do día
12.30 – 13.15 terceiro adestramento
13.15 -13.45 Concursos, competicións

Prezo

O clube establece diferentes tarifas:
TARIFA 1 (50 EUROS)—Para xogador@s do CB.Noia
TARIFA 2 (60 EUROS) – Para xogadores doutros clubes.
TARIFA 3 (30 EUROS) – Para irmáns de xogadores (tanto doutros clubes,coma do CB.Noia).Aplicable para o segundo irmán e seguintes

Onde e como pagar?

O clube dispón de tres contas para que realicedes o pago da cota do campus. Lembrade poñer o nome da persoa/s inscrita/s. A data tope para realizar o ingreso da inscrición é o día 20 de xullo.
As contas son as seguintes:

La Caixa:2100-8032-17-0200004613
Banesto:0030-6068-81-0000276271
Caixa Galicia:2091-0356-85-3040005516
Caixanova:2080-0181-32-0040002442


NOTA:O Clube reservase a posibilidade de admitir novas incricións unha vez rematado o prazo sempre e cando non se chegue o cupo máximo de inscritos.

Qué documentos se deben entregar e onde?

Deben entregarse :
Folla de inscrición + Resgardo bancario
Pode entregarse das seguintes formas (ata o día 20 de xullo):
-En calquera dos pavillóns,tanto no Alonso Rodríguez coma no Municipal
- Vía Fax o número 981823412
- Vía electrónica: cb.noia@hotmail.com

No campus contaremos ademais dos adestradores e xogadores do clube,cun gran número de invitados que iremos desvelando dende este medio.Pero tamén intentaremos ofrecervos algunha sorpresa máis,asi que estade atentos

Non o dudedes íde a recoller os dípticos no pavillón Municipal e Alonso Rodríguez
¡¡ QUE SÓ HAI 50 PRAZAS!!